Administración de Fincas

Comunidades de Propietarios

Servizos que prestamos como Secretario-Administrador das Comunidades de Propietarios que administramos:

Constitución da Comunidade de Propietarios no caso de ser necesaria coa súa correspondente legalización de libros, realización e envío da convocatoria.

Recollida de datos de todos os propietarios cumprindo coa Lei Orgánica de Protección de Datos e inscrición dos ficheiros dos que a Comunidade de Propietarios é responsable.

Organizamos, clasificamos e almacenamos toda a documentación relacionada coa comunidade.

Organización dos representantes da Comunidade (Presidente, Vicepresidente, etc.) así como das xestións que deben realizar e forma de actuación.

Aviso previo no taboleiro de anuncios da Comunidade para que os propietarios poidan indicar os asuntos que desexan tratar en xunta. Posterior redacción e envío da convocatoria da Xunta Ordinaria Anual, na que se van a incluír os seguintes temas:

1º) Estado de contas.
2º) Elección de Xunta de Goberno.
3º) Orzamento de ingresos e gastos para o próximo exercicio. Cotas. Fondo de reserva. Regularización de saldos.
4º) Reclamación de recibos pendentes de cobro.
5º e sucesivos puntos) Asuntos solicitados polos propietarios.
Último punto) Rogos e preguntas.

Xunto coa convocatoria remitimos a relación de fincas e propietarios privados de voto por non estar ao corrente no pago dos recibos, así como o estado de contas, o orzamento e outra documentación que puidese ser de interese para os asuntos para tratar.

Asistimos á xunta, redactamos e remitimos a acta a todos os propietarios.

Confeccionamos o orzamento de ingresos e gastos, coa súa correspondente distribución por fincas e xeramos os recibos aos cobros. Efectuamos os pagos e cobros que sexan procedentes, emitimos e cobramos os recibos aos propietarios tanto por domiciliación bancaria como nas nosas oficinas.

Contabilizamos e controlamos os gastos e os ingresos, e por tanto controlamos os recibos pendentes de cobro aos propietarios, que se detallan na liquidación informativa trimestral que se remite a cada propietario e que tamén pode ser consultada nesta web.

Realizamos outras xestións como poden ser:

  • Elaboración de estatutos e regulamento de réxime interno.
  • Xestións con Organismos Oficiais como Facenda, Catastro, Concellos, etc.
  • Trámites coas compañías provedoras de servizos e subministracións como poidan ser auga, luz, ascensores, teléfono, limpeza, seguros, etc.
  • Envíos de circulares informativas.
  • Recibimos avisos e incidencias, xestionamos a súa solución e informamos sobre a súa evolución.
  • Facilitamos o contacto cos mellores profesionais para a solución de avarías.

Dispoñemos de asesoramento xurídico para calquera consulta dos veciños, así como para a reclamación a morosos.

Como Axencia de Seguros podemos ofrecerche asesoramento para a contratación de calquera póliza de seguro que teña que ver coa comunidade ou a súa vivenda.

Se es cliente dalgunha das nosas comunidades, poderás consultar a través desta páxina web as convocatorias, actas, liquidacións, orzamentos, notificacións, etc…

Arrendamentos

Servizos que prestamos como Administradores de Arrendamentos:

Organizamos, clasificamos e almacenamos toda a documentación relacionada coa propiedade.

Asesoramento, realización e renovación de contratos, así como actualizacións de renda, notificacións de vencementos de contratos, etc.

Trámites con Concellos, Facenda, xestións coa Xunta de Galicia como depósito e recuperación de fianzas, subvencións, etc.

Despois de cobrar a renda de cada arrendamento, realizamos unha liquidación mensual a cada cliente na que constan os ingresos e os gastos detallados para cada un dos arrendamentos, e finalmente procedemos ao pago a cada cliente do saldo da devandita liquidación mensual.

Recibimos avisos e incidencias, xestionamos a súa solución e informamos sobre a súa evolución, facilitando o contacto cos mellores profesionais.

Trámites coas compañías provedoras de servizos e subministracións como poidan ser auga, luz, ascensores, teléfono, limpeza, seguros, etc.

Recepción de chaves ao termo do arrendamento, inspección do piso ou local e liquidación final.

Anualmente facilitamos ao arrendador un resumo dos arrendamentos cos datos necesarios para a súa declaración da renda.

Procura de novos arrendatarios ao termo dos arrendamentos.

Servizo de protección xurídica para o arrendamento con cobertura dos gastos xudiciais de avogado e procurador seleccionados por Ardá por falta de pagamento de rendas e desafiuzamento.

Como Axencia de Seguros podemos ofrecerlle asesoramento para a contratación de calquera póliza de seguro que teña que ver co arrendamento ou a propiedade.